CRTVG

Buscar

Os aeroportos galegos programan 335 voos na operación saída de xullo

Publicado o 02/07/2021 15:16

Operación saída tamén nos aeroportos galegos. Ata este domingo as terminais galegas moverán máis de trescentos voos. O dispositivo especial púxose en marcha onte, e, en concreto, este aeroporto Rosalía de Castro de Santiago ten programadas 207 operacións. Hailles que sumar os 69 voos do aeroporto da Coruña e os 59 de Vigo.

A única terminal con voos internacionais é a de Santiago, serán 34 nestes catro días de operación saída. Son cifras que aínda están por debaixo das habituais nos anos previos á pandemia, pero que tamén reflicten a recuperación do sector.

Noticias web

02/07/2021