CRTVG

Buscar

Os aeroportos galegos afrontan unha das fins de semana de maior tráfico do ano

Publicado o 03/08/2019 21:45

Sen dúbida esta é unha das fins de semana de maior movemento nos aeroportos do ano. Dende o xoves e ata o vindeiro luns , preto de 700 avións engalarán ou aterrarán no de Lavacolla. 

Non é o mes máis barato para viaxar pero quizais si o máis doado para poder facelo en familia ou cos amigos, coma este grupo de Cospeito que esta mañá collían un avión a Mallorca coa maletas ben cargadas. "Somos once, tres pequenos que ao mellor vimos máis, imos a Mallorca" "decidimos hotel por comodidade, imos a media pensión, durante o día a pasear " "é o momento no que todos tiñamos vacacións e decidimos ir todos xuntos", aseguran varios pasaxeiros.

No aereporto santiagués encontramos máis familias en busca da praia e  do merecido descanso nalgunha illa. "Somos familia, os meus sobriños, miña irmá. Imos pasar unha semana alí, en Canarias. Eles sempre veñen de vacacións aquí , porque eles son de Suiza, pero agora ir todos xuntos así, é a primeira vez".

Tamén moitos viaxeiros emprenden estes días á viaxe de volta, un regreso que unhas veces é máis pracenteiro ca outras, segundo contan: "Somos emigrantes, vaime o marido para Suiza " ."Paréceme que as miñas vacacións cada vez son máis curtas, entón disfrutemos o que temos canto poidamos" ."Nós levámolo ben porque as nenas están de vacacións, traballamos pero estamos sen as nenas".

En agosto do ano pasado os tres aeroportos galegos roldaron o medio millón de viaxeiros.

Noticias web

03/08/2019