Os aeroportos españois comezan a notar xa as restriccións europeas
Publicado o 26/07/2020 14:53
Europa toma medidas ante o aumento de casos da covid en España. Os aeroportos comezan a notar xa as restriccións europeas.
As liñas aereas e, en xeral, o sector turístico son os que máis notan as restriccións europeas. Dende esta medianoite o Reino Unido obriga a unha cuarentena de 14 días a todos os viaxeiros que proceden de España.
Bélxica tamén prohibiu este sábado as viaxes non esenciais ás provincias de Lérida e Huesca e someterá tamén a illamento de 14 días e a unha proba diagnóstica ás persoas que cheguen destas zona.
Noruega tamén impón cuarentena aos viaxeiros Españois e Francia recomenda non viaxar a Cataluña.
Todo isto supoón un duro golpe para o sector do turismo que busca fórmulas para non perder o verán.