Os aeroportos canarios volven operar con restricións pola calixe
Máis de 800 voos cancelados ou desviados e 14.000 pasaxeiros afectados. Despois do caos provocado este domingo pola calixe, os aeroportos canarios intentan este luns recuperar a normalidade.
Todos están operativos, pero con restricións para garantir a seguridade dos voos.
AENA aconsella aos pasaxeiros con destino ou saída do arquipélago que se poñan en contacto coa aeroliña para coñecer o estado do seu voo.
O Goberno canario suspendeu as clases ata que mellore a situación atmosférica.
"Moi complicado, sobre todo esta mañá os niveis de contaminacións eran moi altos".
"Nunca se viu así. Era un ceo como Marte, vermello".
Na próximas horas manterase a alerta por ventos, aínda que se espera que baixen en intensidade.
O vento é o principal problema para o equipos de extinción que traballan nos incendios forestais que afectan as dúas illas principais, Gran Canaria e Tenerife.
"Practicamente todos os focos da vintena que tiñamos onte están controlados, nalgúns casos extinguidos por completo".
Non se rexistraron danos persoais, pero os materiais son moi importantes.