CRTVG

Buscar

Os adegueiros da Ribeira Sacra conseguen 21 medallas no certame mundial de viños extremos

Publicado o 27/07/2021 15:06
Os adegueiros da Ribeira Sacra conseguen 21 medallas no certame mundial de viños extremos

Os bodegueiros da Ribeira Sacra conseguiron vinte e unha medallas no certame mundial de viños extremos 2021. 27 produtores levaron ao evento celebrado no Val de Aosta, en Italia, máis de medio cento de viños - 44 tintos e 9 brancos - e lograron 14 medallas de ouro e 7 de prata.

Competiron con outras producións de todo o mundo cultivadas en terreos de máis dun 30% de pendente (hai zonas desta D.O. que chegan ao 80%). O Consello Regulador da Ribeira Sacra considera que este éxito os converte nun referente global da viticultura de montaña, recoñecida tamén como viticultura heroica.

 

Noticias web

27/07/2021