CRTVG

Buscar

Os 132 concellos galegos con Policía Local traballan cun cadro de persoal reducido

Publicado o 18/01/2019 19:31

Tan só 2 concellos dos 132 galegos que contan con Policía Local cumpren co baremo de axentes que establece a Unión Europea: 1,8 efectivos por cada MIL habitantes. A carencia de persoal agravouse coa entrada en vigor, o 2 de decembro, do novo decreto que permite a xubilación anticipada aos 59 anos.

Nos 132 concellos galegos con Policía Local traballa cun cadro de persoal reducido. Non hai axentes. Traslados e as xubilacións, están a deixar o servizo en mínimos. Unha situación que se agravou coa entrada en vigor do novo decreto que permite a xubilación anticipada aos 59 anos. En Lugo a isto hai que sumarlle a vacante na xefatura, cargo para o que non hai candidatos e que obriga agora o Concello a buscar xefe en toda Galicia.

Teñen que buscar un axente que cumpra os requisitos para acceder ao posto. Outra cousa é que o axente acepte vir tal como está a situación

Actos de protesta, para denunciar unha situación que xa levou a algúns concellos a prescindir do servizo nocturno. A solución non é inmediata, o proceso para repoñer unha praza pode dilatarse ata dous anos.
 

Noticias web

18/01/2019