CRTVG

Buscar

Os 121 concellos portugueses con maior incidencia da covid-19 contan con toque de queda desde hoxe

Publicado o 09/11/2020 15:15

No sur de Galicia tamén están pendentes da fronteira con Portugal. O país luso entra hoxe en estado de emerxencia, e con el veñen as medidas máis duras da pandemia no país veciño.

Son as máis duras porque por primeira vez o Goberno portugués si obriga a poboación a quedar na casa. Será cun toque de queda entre semana dende as 11 da noite e na fin de semana dende a unha da tarde.

Non haberá multas, pero quen estea na rúa sen causa xustificada, traballo ou unha urxencia, será reconducido á casa polos axentes.

Neste estado de emerxencia que pode durar o que dure a pandemia, o Estado tamén pode requisar o que precisara do servizo privado de saúde.

O toque de queda aplícase nos 121 concellos con maior incidencia do virus. Afecta a 7 millóns de portugueses, entre os que están 4 municipios que lindan con Galicia: Caminha, Cerveira, Chaves e Valença do Miño.

As fronteiras non estarán pechadas, pero os galegos debemos respectar ese toque de queda imposto polo Goberno luso.

Noticias web

09/11/2020