Ortigueira quere volver ás orixes nunha nova edición do seu festival
Publicado o 05/06/2019 16:36
O cartel xa avanza o que quere ser esta nova edición do Festival Internacional do Mundo Celta: todo un referente no que terán cabida grupos xa consagrados e outros aínda noveis. Ortigueira prepárase para recibir milleiros de visitantes entre o 11 e o 14 de xullo. "Oito nacións, unha cultura" será o lema deste ano.