CRTVG

Buscar

Ortigueira, de loito pola morte dun home tras ser golpeado por outro cun pau na cabeza

Publicado o 03/07/2020 11:07
Ortigueira, de loito pola morte dun home tras ser golpeado por outro cun pau na cabeza

O concello de Ortigueira declara este venres un día de loito oficial polo falecemento dun home de 30 anos que recibiu un golpe na cabeza cun pau por parte dun agresor. Aconteceu o pasado 26 de xuño, e a vítima, identificada coas iniciais C. D. R., faleceu este xoves tras permanecer ingresado no hospital público da Coruña pola gravidade do golpe.

O home parara o seu coche ao ver os seus familiares, para dirixirse a eles. Foi entón cando se xerou  unha discusión co condutor dun camión aparcado. O condutor sacou un pau e agrediu o home na cabeza. Como consecuencia do golpe a vítima caeu ao chan e quedou inmóbil, segundo avanzou a Garda Civil. Posteriormente trasladaron a vítima a un hospital de Ferrol.

O agresor foi detido e posto a disposición do Xulgado de Ortigueira. Ao día seguinte foi posto en liberdade. O agresor podería ser acusado de delitos de homicidio imprudente por lesións, segundo indicaron fontes da investigación.