CRTVG

Buscar

Ortega Smith supera o coronavirus despois de máis dun mes de confinamento

Publicado o 15/04/2020 09:02
Ortega Smith supera o coronavirus despois de máis dun mes de confinamento

O secretario xeral de Vox, Javier Ortega Smith, anunciou este mércores que superou o coronavirus tras máis dun mes de confinamento e que continuará traballando desde a casa para loitar contra a pandemia e para que "os responsables de tanto engano e neglixencia saian do Goberno".

Ortega Smith permanecía en corentena desde o 9 de marzo, un día despois da asemblea xeral de Vox que reuniu no palacio de Vistalegre de Madrid nove mil persoas.

"Despois de máis dun mes de confinamento rigoroso na casa, hoxe comunicáronme por fin o resultado das probas PCR negativo de coronavirus", publicou o dirixente de Vox nun fío en Twitter en que agradece a "humildade, profesionalidade e heroísmo" dos sanitarios que o atenderon.

Tras o seu positivo en COVID-19, o primeiro coñecido dun deputado nacional, os seus compañeiros de grupo parlamentario optaron por gardar corentena, entre eles o presidente de Vox, Santiago Abascal, e a súa secretaria xeral no Congreso, Macarena Olona, que tamén quedaron afectados.