CRTVG

Buscar

Organizar a cea de Noiteboa sobre a marcha: peixe e marisco máis caro

Publicado o 23/12/2020 14:29

Falta un día para a cea de Noiteboa, en que os mariscos e os peixes son os pratos estrela na mesa de moitos galegos.

Como adoita ocorrer, poucas horas antes da celebración do Nadal, os produtos máis demandados nestes días soben os prezos. Hoxe quixemos saber que atoparemos nos mercados se somos dos que esperamos ao último momento.

Pero a pesar dos prezos altos, este é o aspecto que presentaba a praza de abastos de Santiago de Compostela esta mañá. Colas de xente que agardan á última hora para mercar os produtos máis frescos.

Precisamente esa redución no número de comensais parece estar animando a xente a deixar para última hora a organización das ceas.

Noticias web

23/12/2020