CRTVG

Buscar

Os organizadores do Marisquiño din que ninguén os avisou dos riscos

Publicado o 22/01/2019 17:39
Os organizadores do Marisquiño din que ninguén os avisou dos riscos

Tanto o organizador do festival de O Marisquiño, como os directores dos plans de Emerxencias e Autoprotección, aseguraron este martes, na comisión de investigación sobre o accidente rexistrado o 12 de agosto, que ninguén lles advertiu sobre os "riscos" de derruba da pasarela e que non teñen eles responsabilidade algunha respecto diso.

Os tres compareceron acompañados dos seus letrados na comisión de investigación creada para determinar as causas e dirimir as responsabilidades polo suceso rexistrado o pasado verán nese festival de música e deporte en Vigo e defenderon todas as medidas de seguridade adoptadas no marco das súas competencias. Competencias, coincidiron todos os comparecentes, nas que non se inclúe "a comprobación das infraestruturas" da zona na que se celebrou o festival.

En primeiro lugar, o organizador e fundador de O Marisquiño, Carlos Domínguez, defendeu as actuacións levadas a cabo polo propio festival que "en ningún momento" foi alertado de ningún tipo de perigo polo que non consideran que teñan que facerse cargo da responsabilidade do sucedido.

Segundo o seu relato, dúas semanas antes da celebración do evento, celebrouse unha xunta extraordinaria de seguridade nas instalacións da Autoridade Portuaria na que participaron representantes da Policía Nacional, Policía Local, Policía Portuaria, Garda Civil 'e responsables da dirección do Porto de Vigo e do departamento de Seguridade do Concello de Vigo, nun encontro no que ninguén se referiu ao "risco de derruba estrutural". Polo tanto, non houbo "comunicación que nos advirta de tal perigo" polo que "ante a falta de calquera advertencia preguntámonos por que o Marisquiño ten que asumir a responsabilidade", cuestionou, destacando ademais que durante todos os anos que se celebrou o mesmo, a seguridade foi "unha obsesión da nosa organización".

 

Noticias web

22/01/2019