A arte do graffiti, un percorrido polas vilas galegas
Publicado o 01/03/2019 19:39
Paseamos polas rúas de Ordes, unha vila pioneira en facer do graffitti un signo de identidade, e unha ferramenta para transformar a paisaxe urbana.
O graffiti é unha modalidade de pintura que comezou sendo ilegal pero que hoxe serve para decorar muros de moitas vilas e cidades de Galicia. Ordes é un bo exemplo. Podemos atoparnos a un muller cruzando unha autopista con grelos nas súas mans.
Para facer graffitis hai que ser libre, mesmo interpretar o mundo dun xento espontáneo. Forman parte dun mundo urbano, cosmopolita e rebelde que comezou na Roma clásica e que se prolonga ata a posmodernidade. Ordes, Carballo, Monforte e outras vilas son un bo exemplo para experimentar con este xénero artístico.