CRTVG

Buscar

Ordes entra no nivel alto de restricións

Publicado o 26/05/2021 14:57

A cafeteira traballaba sen descanso durante toda a mañá nun bar de Ordes, pero a súa propietaria sabe que a actividade vai minguar a partir da fin de semana. Os locais de hostalería do concello servirán unicamente na terraza, cun límite do ocupación do 50 por cento. Poden tamén preparar comida para levar.

"Despois dun ano e medio abrindo e cerrando, xa non colle por sorpresa", di a dona. As novas limitacións impostas debido á evolución dos contaxios non colleron por sorpresa nin o sector nin a veciñanza.

Máis da metade dos casos activos producíronse nos últimos sete días. "Uns contaxios nunhas familias incrementaron algo os casos", di a propietaria doutro bar.

O concello atópase en nivel medio e rematará a semana no alto. As reunións de non conviventes quedarán limitadas a catro persoas no interior. A veciñanza confía en que esta volta atrás sexa por pouco tempo.

Noticias web

26/05/2021