Ordes, coa incidencia máis alta de Galicia, pasará o sábado ao nivel máximo de restricións
Publicado o 25/08/2021 14:14
A incidencia acumulada de 1.507 por cen mil habitantes levou a Xunta a decretar o nivel máximo de restricións a partir da madrugada do sábado. Para a hostelería implica a prohibición de servir en interior e a limitación das terrazas ao cincuenta por cento, polo que algúns mesmo se están a plantexar o peche temporal.
Lamentan ser novamente o colectivo máis damnificado, cando consideran que a orixe dos novos casos non está na hostelería.
Ante o incremento de casos dos últimos días, os veciños xa vían vir as restricións e acéptanas con resignación.
As novas medidas afectan tamén o ocio nocturno, que só poderá abrir ata a unha da madrugada.