CRTVG

Buscar

Ordenan a detención da ex noiva de Bernardo Montoya pola morte de Laura Luelmo

Publicado o 16/05/2019 19:29


A que fora noiva de Bernardo Montoya, investigado polo asasinato en decembro do ano pasado da profesora Laura Luelmo en El Campillo, tiña que comparecer como investigada para declarar na instrución deste caso, pero Josefa non se presentou no xulgado de Valverde del Camino, en Huelva, que leva o caso . Segundo o Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía, a muller tampouco xustificou a incomparecencia. Ante esta situación, a xuíza mandou detela e poñela a disposición xudicial.

"Non sei por que non veu, citada estaba. 'E isto ábrelle camiño a vostede como avogado defensor para pedir a liberdade de Bernardo Montoya? Iso que é?' Pode ser que si, existe esa posibilidade"
A detención ordénase despois de que Montoya cambiara a súa versión para acusar a ex-noiva do asasinato de Laura Luelmo. Segundo lle explicou á xuíza, el autoinculpouse por amor. O novo avogado de Montoya xa anunciou que vai pedir a liberdade do seu representado porque non está gravada a autoinculpación por un fallo técnico.


 

Noticias web

16/05/2019