CRTVG

Buscar

Oramas descúlpase con Coalición Canaria tras confirmar o non a Sánchez

Publicado o 07/01/2020 15:21

Suspense: estado de angustia ou de espera tensa que unha película, obra de teatro, etc., provoca no espectador cando o desenlace é incerto ou tarda en producirse.

Engadan as palabras presión e presións: "Ao mellor son as normais, non sei", di Guitarte ao entrar.

A expectación fai que unha probable ministra galega pida permiso a un fotógrafo para entrar nun pleno cheo de fotógrafos expectantes.

"Toda a bancada socialista vai votar que si", confirma Zaida Cantera.

Como disciplina de voto en cada móbil que entra. E ata disciplina de aplauso cando chega o presidente en funcións. Aplauso acompasado.

E nervios. Primeira intervención. Interrupcións: "O Congreso dos desputados é de todosa os que estamos aquí. Respeten o uso da palabra ao orador".

O orador Iglesias diríxirse á compañeira que faltou por enfermidade á primeira votación...

O pleno desta segunda votación era para volver apertar vellas mans, e para volver escenificar desencontros, coma o do orador de Bildu e os deputados de Vox que marcharon para non escoitalo.

Porque Suárez Illana volveulle dar as costas a Bildu.

Relacións crebadas e voces crebadas.

"Grazas por non perder nunca a forza... e pola resistencia. Porque hoxe españoouis volveron crer na política".

A política como manual de resistencia.

Noticias web

07/01/2020