Optimismo no sector pola previsión de ocupación hoteleira para Semana Santa
Publicado o 07/04/2019 21:27
Faltan oito días para a Semana Santa e a previsión de ocupación non pode ser máis optimista. Á espera das reservas de última hora que poden variar en función do tempo, as expectativas son positivas e prevese roldar o 80% de ocupación, unha cifra superior á do ano pasado.
Nestas datas, puntos como Santiago, Lugo, Ferrol ou A Mariña atraen moitos visitantes coas súas celebracións. Nas zonas de costa, coma nas Rías Baixas, o sector mira cara ao ceo, porque alí as reservas están máis ligadas ao tempo.