CRTVG

Buscar

Operativo contra o tráfico de drogas no Vao de Abaixo, con medio cento de gardas civís

Publicado o 03/06/2020 14:54

Medio cento de axentes da Garda Civil de Pontevedra permanecen dende as 11 da mañá no Vao de Abaixo, en Poio, para levar a cabo un novo operativo contra o tráfico de drogas. Unha redada en que xa se produciron varios rexistros en vivendas entre os berros e apupos dos habitantes do poboado, que pedían que non se tomasen imaxes.

Esta redada supón un amplo despregamento de patrullas da Garda Civil de Pontevedra e a Unidade de Seguridade Cidadá, que contan, ademais, co apoio dos cans do Servizo Cinolóxico. Os axentes custodian arestora a zona, e impiden os accesos a este punto do Vao.

A operación, que se mantén baixo segredo, prevé varias detencións ao longo de día. Polo de agora tense coñecemento de polo menos 3 arrestos. A investigación continúa aberta.

Noticias web

03/06/2020