CRTVG

Buscar

De viaxe, en busca do sol, na operación saída da Semana Santa

Publicado o 13/04/2019 15:25


Aínda non saíron de Santiago pero os cativos xa están de vacacións e a súa única preocupación é que farán co seu tempo libre:
"Imos a Palma de Mallorca no voo das 12 e creo que imos a un parque acuático." "Vou ir a unha praza en Mallorca."
"Vou bañarme na piscina."
"Vou a Lanzaronte a pasalo ben e divertirme." Din os cativos.

Todo concentrado en sete días, para os que as aeroliñas e operadores turísticoas reforzaron os seus servizos. Aqueles que o planificaron con tempo, levan xa todo pechado.
"Os prezos non son baratos, pero se o reservas con antelación os voos non saíron moi caros. Imos a un apartamento de alugueiro e tampouco saíu moi caro porque todo o fixemos con tres ou catro meses de antelación. Se o reservas agora sae carísimo."
"Nós o que imos facer é unha viaxe familiar, intentar xuntarnos todos e pasar uns días en familia. Iso é o que imos facer."
Tamén traen plan os que escolleron vir a Galicia, aínda que teña que ser ao abrigo.
"Vimos das Canarias a pasar a Semana Santa. Miña nai é galega e sempre vimos ver a familia. Dixéronme que hai unhas semanas estaba moi bo tempo pero agora viñeron as borrascas estas que van durar un tempo. Pero, tampouco está tan mal."
Para moitos por diante quedan aínda unhas cuantas horas de tren ou coche, pero á ida, sempre dá menos preguiza.
Tráfico advirte sobre a necesidade de reducir a velocidade, evitar as distraccións co móbil e non consumir alcol ao volante, para non volver repetir as cifras de vítimas de hai un ano.

Noticias web

13/04/2019