Así vixían militares os movementos dos incendiarios en Galicia
Estamos nun dos múltiples puntos de observación desde os que os oitenta militantes despregados por toda Galicia vixían cada movemento dos incendiarios. O seu obxectivo é lume cero e teñen recursos para evitalo e poñer os responsables a disposición da xusticia.
Posúen medios terrestres nocturnos e diúrnos e tamén drons. O seu labor é controlar e disuadir os incendiarios e onte mesmo evitaban unha queima en Salvaterra.
O fenómeno incendiario é moi complexo en Galicia, vellos costumes agrarios e gandeiros, vinganzas, creación de pastos, obtención de madeira ou medios para favorecer a caza, afastar o xabaril ou distraer as forzas da orde. Pero tamén hai outros incendios organizados ao milímetro durante meses e planificados por etapas.
A operación Sentinela contra o lume en Galicia conta co apoio da Administración galega. O noso país é o único que conta con este apoio do exército español para loitar contra o lume.