CRTVG

Buscar

Onésimo: "Non renunciamos a nada"

Publicado o 29/03/2021 21:24

O Celta B será o único equipo galego que loitará por ascender a Segunda División. Xogará o domingo contra o filial do Valladolid. Comeza esta fin de semana a segunda fase da Segunda B. Os tres primeiros de cada subgrupo enfróntanse entre si.

Ademais dos de Pucela, Cultural Leonesa e Burgos serán os rivais do filial do Celta. Contan os puntos gañados na primeira fase. Son cinco grupos. Clasifícanse para a liguiña final os tres primeiros e o mellor cuarto e deles soben a segunda catro equipos.

Noticias web

29/03/2021