CRTVG

Buscar

Onde podemos reclamar os danos que sufrimos polas inclemencias atmosféricas?

Publicado o 20/12/2019 15:23

En España é o Consorcio de Compensación de Seguros, unha entidade adscrita ao Ministerio de Economía, o que se encarga da cobertura destes riscos extraordinarios. Iso si, o Consorcio soamente responde se o usuario ten seguro contratado.

Para facer fronte ás perdas de cultivos, os agricultores tamén teñen que ter contratado un seguro. Se non o hai, o concello pode solicitar a situación de emerxencia para conseguir axudas.

É importante que o usuario recompile todas as probas que poida para demostrar que ese dano foi orixinado neste caso polo temporal Elsa e comunicalo antes de sete días. O perito valorará os danos para determinar as posibles indemnizacións.



 

Noticias web

20/12/2019