U-lo rei Xoán Carlos? Varios medios sinalan que está na República Dominicana
• As reaccións do Goberno e da oposición ante a marcha do rei
• A prensa europea tamén destaca este tema
Diversos medios apuntan a que a saída do país do rei emérito foi pactada entre a Casa Real e a Moncloa hai días. Fíxose pública onte, cando don Xoán Carlos xa abandonara España. Con este movemento, a Zarzuela quere protexer a imaxe da monarquía, resentida nos últimos meses polas investigacións abertas, tanto en Suíza como en España, que o vinculan cun suposto cobro de comisións irregulares millonarias e contas opacas no estranxeiro.
Foi o seu propio avogado quen sacou un comunicado informando de que don Xoán Carlos permanecerá "a disposición do Ministerio Fiscal para calquera trámite ou actuación que se considere oportuna", aínda que, polo momento, non figura como investigado nestas causas. Aínda así, Filipe VI xa decidira levantar un cortalumes en marzo deste ano, renunciando á herdanza de seu pai e retirándolle a asignación oficial. O que non perderá é o título honorífico de rei emérito.
A marcha do rei non implica cambios para a raíña Sofía, que estes días se atopa de vacacións no palacio de Marivent de Palma. Manterá a súa residencia na Zarzuela e desenvolverá a súa actividade institucional coma ata agora.
• Sánchez reivindica a vixencia do "pacto constitucional", que inclúe a monarquía
• PP e Ciudadanos respectan a decisión, mentres que Podemos cualifica a marcha de "fuxida indigna"
• Irene Montero repróchalle ao PSOE que non os informase da saída do rei