CRTVG

Buscar

Onde chove máis? Máis días chuviosos na Coruña, máis cantidade de auga en Vigo

Publicado o 21/10/2021 16:25

Difícil pechar na rúa este eterno debate, onde os datos se mesturan cos sentimentos. Nin os coruñeses nin os vigueses parecen querer gañar nesta pugna.

Se nos remitimos ás estatísticas, din que en 2020 houbo máis días chuviosos na Coruña que en Vigo, porén os pluviómetros recollen máis auga na cidade olívica, onde as precipitacións son moito máis intensas e abundantes.

Fronte a estes datos, na rúa, nunca chove a gusto de todos.

Noticias web

21/10/2021