Once programas da TVG e RG, seleccionados para os Premios Celtic Media 2021
Publicado o 14/06/2021 19:40

Un total de 11 producións da Galega optan aos Premios Celtic Media Festival 2021. Nesta edición foron seleccionados os espazos da TVG 'Malicia Noticias', 'Os Castros', 'Desmontando Galicia', 'Un canto á vida', 'Aquelando na casa', 'Ruta amodiño', 'Máis ca vida', 'Auga Seca' e 'A illa das mentiras'.
Ademais, dous programas da Radio Galega están nominados: 'Pensando en ti' e 'Convivir Deportivo'.
O Celtic Media Festival promove a cultura e as linguas dos países celtas nos ámbitos do cinema, a televisión, a radio e os novos medios de comunicación.