CRTVG

Buscar

Oito infectados de coronavirus polo gromo na residencia de maiores de Chantada

Publicado o 01/05/2021 14:54

O gromo de coronavirus da residencia de Chantada afecta oito persoas, entre empregados e usuarios. Non teñen síntomas graves e están illados. Ademais, todos os maiores están vacinados e entre o persoal só un traballador estaba pendente da segunda dose.

Chantada está en nivel medio de restricións, xa que desde hai quince días acumula máis dunha vintena de casos.

A residencia chantadina é das máis grandes da provincia de Lugo, con capacidade para case douscentos usuarios. Agardan que o gromo non se espalle máis. O luns está previsto facer unha nova PCR.

Hai un mes que non se rexistraban casos de coronavirus entre os usuarios das residencias de maiores de Galicia, e quince días desde que se deu o último caso entre empregados.