CRTVG

Buscar

Once detidos en Francia en relación co asasinato dun mestre en París

Publicado o 18/10/2020 11:14

As forzas de seguridade francesa detiveron once persoas, catro delas familiares do terrorista de orixe checheno que esta semana decapitou un mestre de secundaria que amosara uns días antes na súa clase caricaturas de Mahoma para falar sobre a libertade de prensa aos seus alumnos.

Ademais dos familiares, entre os outros detidos figura o pai dunha alumna que, días previos ao atentado, axitou as redes sociais con mensaxes contra o profesor, denunciouno á policía e esixíu a súa expulsión do centro. As dúas últimas detencións tiveron lugar na madrugada do domingo.

O presunto autor do asasinato, de 18 anos, non tiña antecedentes penais e residía legalmente como refuxiado en Francia, a 50 quilómetros de París.

Noticias web

18/10/2020