Once comunidades seguen en alerta laranxa ou amarela
A borrasca Bella afástase da Península, pero os seus efectos continúan notándose nunha ducia de comunidades autónomas. A Axencia Estatal de Meteoroloxía mantén activada a alerta laranxa, risco importante, en todo o Cantábrico por ondas de ata 8 metros.
O mesmo nivel de alerta continúa activo na montaña asturiana e nos Picos de Europa, onde nevará por riba dos 700 metros, con acumulacións de ata 20 centímetros en 24 horas.
Alerta por neve tamén, nesta caso amarela, no Pireneo navarro e oscense, no sistema central e na cordillera Ibérica con acumulacións de 5 centímetros.
A Dirección Xeral de Tráfico informa dunha vintena de portos de montaña pechados pola neve en toda a rede viaria nacional e son necesraias as cadeas para circular por máis dunha trintena.
Na metade sur da Península os principais problemas estaos a provocar o vento, con refachos de ata 70 quilómetros por hora en Alacante. Alerta amarela por temporal no mar, con ondas de ata 3 metros, en Menorca, Granada, Almería e o sur da Comunidade Valenciana.