CRTVG

Buscar

Once comunidades permanecen en alerta polo frío e non recuperarán a normalidade ata a fin de semana

Publicado o 12/01/2021 16:24

Ademais de Madrid, outras once comunidades permanecen en alerta por frío extremo despois dunha noite que deixa en España as temperaturas máis baixas dos últimos vinte anos. Mañá os termómetros comezarán a subir pouco a pouco, pero a normalidade non volverá ata a fin de semana  

Vinte e cinco graos baixo cero foi o que marcaron os termómetros esta madrugada nunha localidade de Guadalaxara. Marcas históricas que non se rexistraban en España nos últimos vinte anos e que todo, o conxelan.

Doce comunidades permanecen en alerta por frío. Catro delas, Madrid, Aragón, Castela-A Mancha e Castela e León, en aviso vermello con temperaturas que baixan ata os menos dezaseis graos. Porén tamén sorpenden outros mercurios: un grao esta mañá en Sevilla e tres en Valencia.

O frio extremo afecta a 41 provincias. Nas últimas horas varias persoas foron rescatadas en Estremadura e Castela e León, por iso hai evitar riscos innecesarios. Ata a fin de semana as temperaturas non recuperarán a normalidade. Ata entón, moito traballo por diante e sobre todo moita precaución.

Noticias web

12/01/2021