A OMS advirte dos efectos da covid-19 a longo prazo
Publicado o 13/10/2020 08:41
A Organización Mundial da Saúde alerta de que comezan a ser preocupantes os efectos do coronavirus a longo prazo.
Os responsables do organismo internacional aseguran que xa se detectaron problemas no corazón, no cerebro, nos pulmóns e tamén na saúde mental dos doentes, mesmo naqueles que superaron a enfermidade con síntomas leves.
Insisten en que é necesario cortar os contaxios a pesar de que a mortalidade sexa actualmente moi baixa.