CRTVG

Buscar

Ollo! Usar radiación ultravioleta e ozono para desinfectar ten moitos riscos

Publicado o 26/06/2020 14:57

O uso de luz ultravioleta xermicida pode reducir a propagación de axentes infecciosos. Pero unha utilización inadecuada ten os seus perigos: unha desinfección insufiente e danos para a saúde.

"Se se usa unha cabina, hai que pechar as portas da cabina de desinfección e utilizar a protección axeitada nos ollos porque se non podes ter unha queimadura, unha úlcera corneal ou danos a longo prazo dentro do propio ollo", dinos o oftalmólogo José María Fandiño.

E tamén ten riscos o uso de ozono como desifectante, que pode producir irritación nos ollos e nas vías aéreas.

"A concentracións máis altas, incluso danos severos respiratorios e nos ollos queimaduras e irritación da superficie ocular con moita facilidade", recorda Fandiño.

Lembran que, para evitar estes danos, na casa chega con desinfectar con alcol e lixivia.

Noticias web

26/06/2020