CRTVG

Buscar

Oliver Laxe, o director galego nado en París, recibe esta noite o premio Málaga Talent

Publicado o 06/06/2021 16:22

E hoxe é o día máis galego do Festival de Cine de Málaga. Oliver Laxe, o director galego nado en París, recibe esta noite o Premio Málaga Talent, un galardón que se concede pola promesa de éxitos que están por chegar.

Laxe xa é unha figura consagrada, con tres premios no Festival de Cannes, un por cada película realizada e presentada: a última, o poema visual "O que arde". Esta maña conversamos co director, que hoxe interpreta un dos papeis protagonistas no festival malagueño.

 

 

 

 

Noticias web

06/06/2021