CRTVG

Buscar

Olga Novo e Luisa Castro participan no programa da Feira do Libro de Frankfurt

Publicado o 02/10/2021 12:15
Olga Novo e Luisa Castro participan no programa da Feira do Libro de Frankfurt

Dúas escritoras galegas, Olga Novo e Luisa Castro, participan no programa literario de España para a Feira de Frankfurt 2021, que se celebrará do 20 ao 24 de outubro, segundo informa o Ministerio de Cultura.

Ambas as dúas autoras formarán parte dun grupo de máis de setenta profesionais do sector. Baixo o lema Creatividade Desbordante, a programación pretende dar a coñecer a puxanza da literatura do país pensando no oficio pero tamén no público internacional.

O cartel deste ano é o aperitivo á gran cita do libro e a literatura que España ten con Frankfurt no 2022, cando se converta en país convidado de honra.