CRTVG

Buscar

Oleiros repite como o concello máis rico de Galicia

Publicado o 06/10/2021 22:04
Oleiros repite como o concello máis rico de Galicia

O concello de Oleiros repite como o máis rico de Galicia e é un dos tres únicos galegos, xunto Cambre e Nigrán, que aparecen na lista dos municipios con mellores rendas do estado. Oleiros chega a triplicar a renda per cápita do concello galego que a ten menor, o de Toques.

Eses tres son os únicos galegos que entran na lista dos cen concellos máis ricos de España, a teor dos datos da Axencia Tributaria. Oleiros, cunha renda de case 44.000 euros por habitante, ocupa o posto número 30, á vez que lidera a clasificación dos concellos galegos.

Cómpre ter en conta que renda media dos galegos roza os 25.000 euros. No conxunto do estado, Cambre figura no número 40 e Nigrán no 98. Toques, o último da clasificación en Galicia, dispón de algo máis de 14.000 euros por habitante.

Noticias web

06/10/2021