CRTVG

Buscar

Oleiros, A Coruña e Santiago, entre os 50 concellos españois coa renda per cápita máis alta

Publicado o 27/05/2021 19:41

Na listaxe dos 50 concellos coas rendas máis altas de España, Oleiros ocupa o posto 22. É o concello galego coa renda anual por habitante máis elevada: 16.170 euros.

O segundo municipio galego máis rico é A Coruña. Está no posto 46 cunha renda anual de 14.000 euros.

Detrás deste bo posicionamento os expertos sitúan o efecto do xigante Inditex que atrae servizos relacionados coas tecnoloxías da información, servizos a empresas e profesionais ou actividades científicas.

A outra cidade galega nos top 50 de España é Santiago. Está no posto 48 cunha renda anual lixeiramente inferior aos 14.000 euros.

O informe que publicou o Instituto Nacional de Estatística fai referencia ao últimos datos recollidos. Son os do ano 2018 polo que non teñen en conta os efectos da pandemia.

Noticias web

27/05/2021