CRTVG

Buscar

Okutu non ten previsto, de momento, adestrarse no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra

Publicado o 12/05/2020 16:35

Despois dun verán de 2019 moi malo, co aquiles e os isquios dando guerra, Jean Marie Okutu entrou na invernada de 2020 gañando cun salto de 7,93 no Campionato de España absoluto de pista cuberta en Ourense. A temporada prometía.

Despois chegou o coronavirus, o confinamento e a parada da competición. Okutu recupera agora o tempo perdido adestrando en solitario en Marín e atrasando a súa incorporación ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra.

"De momento seguirei adestrándome só", afirma Jean Marie Okutu.

Okutu debe agora recuperar unha progresión deportiva que a COVID-19 tronzou. Unha crise sanitaria que segue moi presente no día a día dos deportistas que, coma el, preferirían ter feitos os tests do virus.

Sen data para as competicións, o saltador galego volve á normalidade recuperando aos poucos os obxectivos e o adestramento.

Noticias web

12/05/2020