Okay Yokuslu seguirá no Celta, malia que o club prefire a súa saída
• Felipe Miñambres dixo que Denis Suárez "ten que demostrar o seu orgullo, ten que medrar e amosar o xogador que é"
O director deportivo do Celta Felipe Miñambres afirmou este mércores que o rendemento do equipo dirixido por Eduardo Coudet será o que diga se configuraron un cadro máis competitivo que o curso pasado. Revelou que as ofertas que chegaron de clubs da Premier League polo internacional turco Okay Yokuslu foron "insuficientes" porque "eran cesións con opcións de compra", aínda que non descartou que o mediocentro poida saír esta semana a algún club de ligas que aínda non pecharon os seus mercados.
Felipe Miñambres tamén falou sobre a situación de Denis Suárez. Recoñeceu que preguntaron por el pero sen ofertas: "Véxoo ben. Falo moito con el. Con todo isto ten que demostrar o seu orgullo, ten que medrar e amosar o xogador que é".