Okay aínda non estará para xogar contra o Sevilla
Publicado o 28/08/2019 16:06
Para ese partido ante o líder, no Pizjuán, non vai chegar a tempo Okay Yokuslu. O futbolista turco segue con molestias. Puido verse ao futbolista turco no adestramento desta mañá.
O venres fará 3 meses da lesión que sufriu xogando coa súa selección. Unha rotura parcial do ligamento cruzado no xeonllo dereito do que non acaba de estar ben de todo.
Para Escribá Okay é un xogador importante, pero no Celta non queren precipitarse coa súa reaparición.