Oito peregrinos confinados nun albergue en Palas por un posible gromo de covid
Publicado o 17/07/2021 19:45
Un grupo de nove amigos, compañeiros da Universidade, saíron hai tres días de Sarria. Onte unha das peregrinas sentiuse indisposta e trasladárona a un centro sanitario. Alí confirmouse o seu positivo por covid-19.
Os seus oito compañeiros están agora confinados neste albergue de Palas á espera de que os chamen para facer as probas PCR. Son todos contactos estreitos da rapaza que deu positivo e en noites anteriores aseguran que durmiron nun polideportivo con outros grupos.