CRTVG

Buscar

Oito peregrinas contaxiadas de coronavirus nun gromo detectado no Camiño

Publicado o 18/07/2021 21:07
Oito peregrinas contaxiadas de coronavirus nun gromo detectado no Camiño

Oito peregrinas deron positivo nas probas de covid−19, unha en orixe o sábado, e outras sete en contactos estreitos da primeira. Illáronse nun albergue en Palas de Rei, onde estaban este domingo.

A primeira das mulleres acudiu ao complexo hospitalario de Santiago; ao resto, que conformaban un grupo burbulla, realizáronlles probas PCR este domingo en Palas. Só unha delas recibiu diagnóstico negativo, conforme informa o Sergas.

De acordo cos resultados, actuouse conforme o protocolo de vixilancia epidemiolóxica. Así, seis delas están nun albergue da Xunta e asignóuselles un médico para o control diario de síntomas e as outras dúas, a que deu negativo e outra, marcharon cara aos seus domicilios coa preceptiva declaración responsable.