CRTVG

Buscar

Oito mortos nos incendios forestais rexistrados en Turquía

Publicado o 07/08/2021 14:02

Mentres, en Turquía, o goberno considera controlado o principal incendio forestal no sur do país, onde morreron sete das oito vítimas mortais que as lapas ocasionaron nos últimos dez días.

O presidente turco dixo que máis de cinco mil bombeiros seguen traballando, apoiados por setenta e dous helicópteros e avións, un dos cales é español. Entre os falecidos hai dous bombeiros profesionais e un voluntario.

Noticias web

07/08/2021