Oito maiores de Monterroso viviron con angustia un posible contaxio nunha residencia
Publicado o 22/03/2020 10:45
Neste edificio viven oito maiores. Unha empregada que estivera en contacto indirecto cun posible caso de coronavirus advertiu da súa situación e a alcaldía entendeu que debía cesar a actividade para preservar a súa saúde. Encargou que chamasen os familiares para que os recollesen ao día seguinte. Os familiares afectados entenden que para garantir a saúde dos residentes non deberían de abandonar o centro.
Finalmente o resultado das probas do coronavirus que lle fixeron á traballadora foi negativo e a residencia de maiores continúa coa súa actividade.