Oito días de loito pola morte de Filipe de Edimburgo, o home da raíña Isabel II
Publicado o 10/04/2021 14:42
Sucédense as homenaxes ás portas do Palacio de Windsor, onde onte falecía o príncipe Filipe de Edimburgo, home da raíña Isabel II. Só lle faltaban dous meses para cumprir os cen anos.
O duque de Edimburgo abandonara a mediados de marzo o hospital, despois dun mes ingresado para operalo do corazón. Non quixo ter funeral de Estado: a cerimonia será privada e terá un marcado carácter militar.
Celebrarase o sábado que vén. Ata entón, o país decretou oito días de loito oficial.