CRTVG

Buscar

Oito detidos tras a aprehensión de case catro toneladas de haxix en Almería

Publicado o 15/05/2021 13:02

Axentes da Garda Civil en dúas operacións denominadas Mauritania e Fischer detiveron oito persoas por delito de tráfico de drogas, coa aprehensión dun total de 3.960 quilos de haxix na costa de Almería.

As investigacións permitiron detectar que unha organización introducía haxix polas praias de Aguadulce e Roquetas del Mar polo que a Garda Civil organizou un dispositivo para lograr a aprehensión da droga e deter aos responsables.


As operacións para abortar os desembarcos da droga realizáronse unha vez que se tivo coñecemento do alixo do cargamento de estupefacientes por embarcacións sospeitosas nas proximidades da costa almeriense.

 

Noticias web

15/05/2021