CRTVG

Buscar

Oito detidos en Pontevedra no marco dunha operación internacional contra a fraude alimentaria

Publicado o 31/07/2021 16:36

A Garda Civil detivo e investigou 120 persoas nunha operación internacional contra a fraude na alimentación con conexións en Pontevedra. A operación realizárona en setenta e dous países e centrouse en produtos como bebidas alcólicas, mel, carne de cabalo ou moluscos. Oito das persoas foron detidas en Pontevedra, acusadas de formar parte da maior rede mundial de comercio de moluscos bivalvos non aptos para o consumo humano.



 

Noticias web

31/07/2021