CRTVG

Buscar

Oito anos despois, as vítimas do accidente de Angrois lembran os seus seres queridos

Publicado o 24/07/2021 22:49

Pasaron xa oito anos desde o accidente de Angrois. Alí, no lugar do accidente, nesa curva fatídica estiveron os familiares das vítimas. Á mesma hora que se accidentaba o tren aquel 24 de xullo de 2013, a esa mesma hora fixeron unha ofrenda floral. Oitenta rosas brancas, unha por cada falecido, e unha rosa vermella para simbolizar a todos os que faleceron de coronavirus. As flores permanecen a pesar do tempo en memoria de todas e cada unha das persoas que perderon a vida alí, en Angrois. Así lembran as vítimas os seus familiares, que hoxe volveron percorrer as rúas de Santiago. 

Reclaman responsabilidades políticas, non cren que o maquinista sexa o único culpable. Insisten nisto, cren que o fallo humano non é a única causa do accidente e por iso piden unha investigación técnica independente. 

 

Noticias web

24/07/2021