CRTVG

Buscar

Oitavo día de ofensiva israelí en Gaza: a violencia medra sen que haxa quen lle poña freo

Publicado o 17/05/2021 11:17

A escalada bélica intensifícase sobre a faixa de Gaza, sometida durante toda a noite a outro intenso bombardeo da aviacion e da artillería israelís. Israel asegura que o seu obxectivo son as instalacións empregadas polos milicianos de Hamás, aos que acusa de usar os civís como escudos humanos.

na xornada de onte morreron polo menos medio cento de persoas, entre eles numerosos nenos.

Despois dunha semana de bombardeos, son xa case 200 os mortos en Gaza, dos que máis de medio cento son menores. Unhas dez persoas morerron no lado israelí logo do lanzamento de centos de proxectís por parte dos milicianos de Hamás, nun novo e claramente desigual enfrontamento armado.

O Consello de Seguridade da ONU reuniuse nas últimas horas para tratar de frear a espiral de violencia, algo que non foi posible porque os EUA se negaron a asinar a declaración conxunta que pedía o rápido cesamento dos enfrontamentos.

O presidente dos EUA, Joe Biden, falou cos dirixentes israelís e palestinos e pediu unha solución negociada. A presión internacional vai en aumento para que Biden se involucre máis no conflito, a pesar mostrar o seu apoio ao dereito que ten Israel a defenderse.

Noticias web

17/05/2021