CRTVG

Buscar

Inédida ofrenda do Antigo Reino de Galicia, sen desfile nin procesión

Publicado o 21/06/2020 20:00

Este ano tocoulle presentar a ofrenda do Antigo Reino de Galicia á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez. A tradición, que se remonta 351 anos atrás, nesta edición foi un tanto insólita debido ao coronavirus, pois nin houbo desfile de autoridades nin se celebrou despois a procesión relixiosa.

Tamén o número de alcaldes foi menor ca noutros anos e varias das cidades que compoñían o Antigo Reino estiveron representadas por concelleiros. Así mesmo, limitouse o público asistente ao acto e todos foron con mácaras.

 

Noticias web

21/06/2020