Ofrécenlle un emprego ao senegalés que salvou un home de morrer afogado en Fisterra
Publicado o 13/10/2021 14:52
Catro anos esperando unha chamada de teléfono... e hoxe Babacar conseguiu facer o seu soño realidade. Chegou do Senegal buscando traballo e a piques está de conseguilo.
É a recompensa ao que fixo o pasado 15 de setembro, cando sen apenas pensar nos riscos evitou unha desgraza. Tirouse á auga na praia Mar de Fóra, en Fisterra, e conseguiu poñer a salvo un home que estaba a piques de morrer afogado. A historia chegou a oídos dos donos desta empresa de montaxes en madeira e non tardaron en actuar para intentar botarlle unha man, ofrecéndolle un posto de traballo.
Saben que os trámites poden ser longos, pero, aínda así, non perden a esperanza. O contacto que manteñen por agora é só por teléfono, pero en breve esperan poder traballar xuntos.